Unha ollada á actualidade desde a óptica da psicoloxía
Desde 2019, febreiro é «Tempo da Psicoloxía». Ao longo dunha semana, podes asistir a distintas palestras nas que abordamos unha temática de actualidade en profundidade, con tempo e rigor. Abrimos un tempo no que a psicoloxía entra en diálogo con outras disciplinas profesionais e axentes sociais para ver como pode mellorar a vida das persoas e das comunidades a través da ciencia da psicoloxía.
Programa de Tempo da Psicoloxía 2024
Luns 19 de febreiro, 18 h.
Previr e intervir: o papel do Sistema de Saúde
- José Eduardo Rodríguez Otero. Psicólogo clínico; Unidade de prevención do suicidio da Área Sanitaria de Vigo.
- Flora Miranda Pena. Médica de familia do SERGAS.
- Alejandro A. García Caballero. Psiquiatra e coordinador de programas de prevención e promoción da saúde mental do SERGAS.
Martes 20 de febreiro, 18 h.
O ámbito comunitario, a base da prevención e apoio
- Daniel J. López Vega. Psicólogo; presidente de Papageno, asociación de profesionales en prevención y posvención del suicido
- Olalla Villaronga Seoane. Psicóloga social; responsable da campaña de prevención do sucidio «Falamos?» de Andaina Pro Saúde Mental
- María de Quesada. Xornalista; presidenta da Asociación «La niña amarilla» (prevención do suicidio desde o ámbito da comunicación) e autora do libro do mesmo título.
Mércores 21 de febreiro, 18h
A atención á infancia e a adolescencia no contexto educativo
- Carlos Álvarez García. Psicólogo clínico; formador do programa YAM nos centros educativos galegos; presidente do Comité de Ética e Deontoloxía do COPG
- Irene Marín Barca. Coordinadora autonómica de UNICEF Galicia
- Manuela del Palacio García. Psicóloga educativa; orientadora no IES San Tomé de Vigo; presidenta da sección de Psicoloxía educativa do COPG.
Xoves 22 de febreiro, 12 h
Conferencia académica. Acto institucional Facultade
- Luis Fernando López Martínez, psicólogo xeral sanitario. Codirector de ISNISS do Programa de Doutoramento de Psicología de la Salud da UNED. Investigador de condutas autolesivas e suicidas en contornos dixitais.
Cómo desexas participar?
Quero ir presencial
Vémonos na Facultade de Psicoloxía da USC
(Campus Vida, Rúa Xosé María Suárez Núñez, s/n, 15782 Santiago de Compostela, A Coruña)
O acceso é libre, gratuíto e non precisas inscrición previa.
Quero seguilo online
Moi sinxelo. Rexístrate neste formulario para que che enviemos o enlace de acceso e síguenos por streaming.
Quedan
Día(s)
:
Hora(s)
:
Minuto(s)
:
Segundo(s)