O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e a Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela compracémonos en presentarche unha ilusionante iniciativa que estamos a desenvolver para favorecer a divulgación da psicoloxía e a súa contribución ao debate na sociedade: TEMPO DA PSICOLOXÍA.
TEMPO DA PSICOLOXÍA é un evento que nace con vocación de continuidade no tempo, e que ao longo de varios días ofrecerá diversas palestras dirixidas ao público xeral cun nexo temático común. Nesta primeira edición esa temática será «Unha ollada sobre a violencia».
Entre os días 18 e 21 de febreiro de 18:30 a 21:00 horas en Santiago de Compostela (Auditorio ABANCA, excepto o xoves 21 que será en horario de mañá na Facultade de Psicoloxía) agardámoste para falar da violencia en diferentes contextos sociais.
18/02 Violencia no deporte:
- María Dolores González, psicóloga deportiva.
- David González, adestrador de fútbol.
- Vero Boquete, futbolista profesional.
- José Ramón Lete, secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.
Modera: Lorena Pose, xornalista da TVG.
19/02 Violencia nos centros de ensino
- Hipólito Puente, psicólogo educativo.
- Fernando Lacaci, vicepresidente da Confederación ANPAS GALEGAS.
- Mª Isabel Ruso, presidenta da Asociación de Directivos de IES de Galicia
- Carmen Pomar, conselleira de Educación da Xunta de Galicia.
Modera: Ángeles San Luis, xornalista de Onda Cero.
20/02 Violencia no ámbito da familia
- Mónica Permuy, directora da Fundación Meniños.
- José Manuel Oreiro, psicólogo da Oficina de Atención á Vítima da Coruña.
- Paz Filgueira, xuíza de Familia de Vigo.
- Concepción Fernández, concelleira de Políticas Sociais do Concello de Santiago de Compostela.
Modera: Antía Leal, xornalista de Radio Voz.
21/02 Violencia de xénero
- Conferencia no marco do Día da Psicoloxía Académica, na Facultade de Psicoloxía da USC e reservada para a comunidade académica.
Impartida por Neus Roca Cortés, profesora da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Barcelona.
Auditorio ABANCA
Rúa do Preguntoiro 23
Santiago de Compostela